Aquae STEM

Fomentamos as vocacións científicas e
tecnolóxicas entre as alumnas
 

O desenvolvemento das competencias en ciencias, tecnoloxía, enxeñaría e matemáticas (STEM) é un dos obxectivos fundamentais da axenda educativa a nivel mundial, pero os informes destacan a baixa participación das rapazas nestes estudos e profesións.

En 2019, xunto coa nosa fundación, Fundación Aquae, puxemos en marcha o programa educativo Aquae STEM, dirixido a nenas de 3.º a 6.º de primaria. O seu obxectivo: reforzar a confianza no seu propio talento e habilidades en contornas STEM, compartindo experiencias e resultados cos seus compañeiros de clase e implicando as familias e a comunidade educativa. 

En 2022, lanzamos unha segunda fase, reforzando a aposta pola dixitalización e incorporando o coidado da auga e a crise climática como eixos centrais das actividades. Así, as 15 unidades didácticas e os retos que se lles presentan ás participantes resólvense combinando a construción de modelos físicos de Lego Education e a utilización dunha plataforma dixital de aprendizaxe.

Metodoloxía:

  • Conectar (espertar a súa curiosidade por coñecer como funciona o mundo real) 
  • Construír (mellorar as súas habilidades STEM mediante actividades prácticas)
  • Contemplar (levar á reflexión e compartir coñecemento coa contorna)
  • Continuar (consolidar coñecementos, habilidades e a motivación para seguir aprendendo)

 


 

 

 

En que consiste este proxecto STEM?

e a súa fundación, Fundación Aquae, somos moi conscientes da necesidade de reverter esta tendencia, e este ano, poñemos en marcha Aquae STEM, un novo programa para a creación de vocacións STEM entre as alumnas de educación primaria, a través dos valores da innovación e a creatividade como vehículo para inspiralas e involucrar á comunidade educativa.

Aquae STEM consiste en varias actividades prácticas, que se implantarán na aula e na contorna dixital, pensadas para espertar o interese das alumnas polas STEM a través da resolución dun reto.

A diferenza doutros programas STEM, e para impulsar contornas de aprendizaxe STEM en idades escolares moi temperás de forma sostida no tempo, Aquae STEM diríxese a alumnas de 2º-6º primaria e contempla a continuidade na implantación de tres anos.